O comite de Urbaser inicia mobilizacións polo incumprimento dos acordos da concesionaria

Comprometérase co comité a cubrir as vacantes co persoal da bolsa de emprego

Compostela -

Persoal o servizos de recollida de lixo e de limpeza viaria de URBASER concentrouse esta mañá na Praza do Obradoiro para manifestar o seu desacordo coa decisión da Dirección da empresa por non respectar os acordos aos que ten chegado con comité.

Segundo explican desde o comité, na negociación do convenio do ano 2017 chegaron a un acordo coa Empresa para establecer unha bolsa de traballo para que toda persoa traballadora tivera un período de proba de seis meses (nun principio a empresa quería 2 anos), e superado ese tempo pasaría a formar parte dunha bolsa de traballo que se usaría para cubrir vacantes que puideran ir xurdindo por orde de antigüidade.

Afirman que até hai un mes a empresa cumpriu sempre con ese acordo “agás un par de veces que as persoas traballadoras que lle correspondía entrar nesa bolsa estaban de baixa por enfermidade”.

Porén, para a súa sorpresa, o pasado día 17 a empresa fixo un contrato indefinido a un traballador pasando por riba de 4 persoas traballadoras. “Entendemos que a empresa está vulnerando o acordado co comité e polo tanto vulnerando os dereitos das persoas traballadoras”.

Por iso convocaron esta concentración que, tal e como adianta, é o principio dun inicio de mobilizacións.

Volver