Estados Unidos: A crecente explotación e roubo da clase traballadora

Fred Magdoff e John Bellamy Foster -

Outra razón dos tempos difíciles para os traballadores é a perda de empregos industriais ("desindustrialización") en importantes zonas dos Estados Unidos. Non se trata só da perda de empregos industriais ben remunerados, senón do baleiramento de comunidades enteiras ou mesmo de cidades

    “Algúns roubaranche cun revólver, e outros cunha pluma estilográfica (Woody Guthrie (1939))(1)

 O capitalismo sempre se baseou na expropiación de terras, recursos e vidas humanas para crear as condicións para a explotación do traballo. A Revolución Industrial, como indicou Karl Marx no século XIX, foi posíbel grazas ao brutal cercamento dos bens comúns en Inglaterra xunto coa aínda máis bárbara colonización no exterior levada a cabo polas potencias europeas, que abarcou “a descuberta de ouro e prata” nas Américas, a extirpación, escravización e morte en minas da poboación indíxena deses continentes, os inicios da conquista e saqueo da India, e a conversión de África en coto para a caza comercial de peles negras”. En conxunto, estas formas de “expropiación orixinal” formaron a base histórica para a “xénese do capitalista industrial”(2).

 Desde os séculos XVI e XVII até os nosos días, o capitalismo saqueou con desenfreo os recursos naturais e humanos, malgastando auga doce, solo, bosques, pesqueiras e xacementos minerais. O mundo converteuse nun sumidoiro no que verter refugallos industriais utilizando a forma máis barata de eliminación. A actual crise ecolóxica planetaria é resultado directo deste saqueo e contaminación da terra(3).

 Con todo, mentres a expropiación directa, ou o roubo, está sempre presente no capitalismo, como base externa da súa existencia, a dinámica interna do sistema xorde da explotación da forza de traballo, unha forma máis oculta de roubo. Os traballadores que producen bens e servizos engaden maior valor á produción que o valor dos salarios que reciben. Unha parte de cada día de traballo dedícase necesariamente a reproducir o valor da forza de traballo medido polos salarios pagos aos traballadores. O resto da xornada laboral dedícase a producir plusvalía (ganancia bruta) para os propietarios dos medios de produción. Por tanto, os capitalistas teñen un interese directo en aumentar a taxa de explotación dos traballadores aumentando a parte da xornada laboral dedicada á produción de plusvalía e diminuíndo a parte dedicada á reprodución da forza de traballo dos traballadores. A plusvalía apropiada polos capitalistas desta maneira forma a base da acumulación de capital, mellorando directamente o poder e a riqueza da clase capitalista en relación coa clase traballadora.

 Os ricos, a maioría dos economistas do establishment e boa parte da xente en xeral consideran que as relacións existentes entre o traballo e o capital son completamente racionais e xustas. Consagrado en todo o sistema legal, esta forma de pensar asume que estas relacións se basean nun intercambio igualitario. Despois de todo, os traballadores son libres de aceptaren un traballo cun salario e beneficios determinados (se os hai0.) ou non. Pola súa banda, os capitalistas só empregarán traballadores cando poidan obter unha ganancia ao facelo. A relación entre patrón e traballadores comunmente aparece como unha relación de “igualdade”, coma se fose un contrato transparente acordado mutuamente con igual poder en ambas as partes. Pero, detrás desta aparencia de decisións racionais e libres baseadas no intercambio equitativo, agóchase unha realidade moi diferente.

 As relacións que se estabelecen entre o traballo e o capital están lonxe de ser iguais, co capital nunha posición moi forte en comparanza coa maioría dos traballadores. O capitalista é dono da terra, o lugar do negocio, a maquinaria, o diñeiro utilizado no funcionamento do negocio e os postos de traballo. Os traballadores non posúen máis nada que a súa capacidade de traballo, que poden vender, pero en condicións que non son da súa elección. Unha desvantaxe significativa que enfrontan a maioría dos traballadores é que non poden gañar a vida por si mesmos, xa que carecen do capital monetario, as ferramentas e as instalacións para participar na produción. Aínda que iniciar unha pequena empresa ás veces é unha opción, adoitan fracasar debido á falta de capital ou á difícil competencia, mentres que as máis exitosas son absorbidas por empresas máis grandes. Por tanto, os traballadores vense obrigados a aceptar traballos onde e cando poidan atopalos.

 Os traballadores normalmente están suxeitos a un proceso laboral determinado na súa totalidade polos propietarios. É o xefe quen estabelece as condicións de traballo e define o que se espera dos traballadores. Ademais, é o propietario quen ten o poder de contratar e despedir, con poucas relacións contractuais que impidan que o traballador sexa “cesado” e despedido. Como explica Elizabeth Anderson, profesora de filosofía e estudos da muller na Universidade de Michigan, “Cando somos traballadoras, estamos baixo o goberno dun patrón. É unha ditadura. O xefe goberna”(4). Gran parte da man de obra está nunha situación precaria, sen saber se se producirá unha vaga de despedimentos cando ocorran recesións económicas, se se tomará a decisión de subcontratar o traballo ou producir noutra rexión ou noutro país, ou se o patrón simplemente tomará unha decisión que atinxa a un traballador individual, ao que logo deixaría "marchar". Ademais, a natureza precaria do traballo viuse alimentada polo auxe dos traballadores autónomos, os horarios en constante cambio e as incertezas e inequidades do traballo a tempo parcial e temporal.

 A diferenza entre a explotación “estándar” e a expropiación real (ou roubo) vólvese extremadamente confusa nos traballos mal pagos onde os traballadores reciben tan pouco que con frecuencia son susceptíbeis de recibir asistencia do goberno con alimentos, alugueiro ou atención médica. Estas son situacións nas que aos traballadores se lle paga menos do que necesitan para existir. Como explicou Barbara Ehrenreich, isto ocorre “cando alguén traballa por menos salario do que precisa para vivir; cando, por exemplo, pasa fame para que vostede poida comer máis barato e convenientemente... Os 'traballadores pobres', como se denominan por algúns, son de feito os principais filántropos da nosa sociedade”(5). Os traballadores mal pagos tamén son “filántropos” para os ricos donos de negocios, o que lles permite acumular mesmo máis capital que se aos traballadores se lles pagase un salario digno.

 Ademais dos acordos e contratos claramente inxustos, o traballo vese limitado a obter mellores condicións por un grupo de traballadores potenciais que buscan traballo, incluídos os traballadores a tempo parcial que desexan un emprego a tempo completo. Un “exército de reserva” de traballadores sempre está presente, mesmo nas chamadas situacións laborais difíciles(6). A pesar de que a taxa de desemprego oficial dos EUA a primeiros de 2023 é máis baixa do que foi en máis de cincuenta anos, os traballadores seguen incorporándose ao mercado laboral en cantidades significativas, o que demostra que pouco se relaciona a taxa de emprego oficial coa realidade(7). Este grupo de traballadores potenciais permite que o capital manteña baixos os salarios.

 No cálculo da taxa de desemprego oficial dos EUA, algúns aspirantes a traballadores denomínanse "desanimados" e non se contan como desempregados, xa que queren traballar pero non buscaron traballo nas últimas semanas. Outros que quedan fóra das taxas oficiais de desemprego clasifícanse como "ligados marxinalmente" á forza laboral, é dicir, queren traballo pero non poden obtelo debido á falta de transporte, falta de acceso nas gardarías para os seus fillos ou outros motivos. Aínda así, hainos que abandonan o mercado laboral debido ás terríbeis condicións de traballo e aos baixos salarios na maioría dos traballos. Todos estes traballadores, así como os oficialmente desempregados e os empregados a tempo parcial que desexan traballar a tempo completo, pertencen propiamente ao exército de reserva do traballo. Ademais, o papel imperial dos Estados Unidos e outros países ricos permítelles recorrer a un masivo exército mundial de reserva de man de obra que supera en tamaño a forza laboral activa do mundo(8).

O mercado laboral actual relativamente axustado nos Estados Unidos ten unha serie de causas: xubilacións anticipadas estimuladas pola pandemia, unha inmigración moi reducida e persoas que abandonan debido á tensión no lugar de traballo e lesións e enfermidades relacionadas co traballo. A diminución da participación no mercado laboral é un fenómeno anterior á epidemia da COVID-19 (e mesmo á Gran Recesión) e é especialmente notorio para os homes sen titulación universitaria. A porcentaxe de homes en idade laboral óptima (25–54) que traballan ou buscan traballo nos Estados Unidos diminuíu de case o 95 por cento a fins da década de 1960 ao 86 por cento antes de que comezase a pandemia durante 2020. En total, hai máis de 8 millóns de homes en plena idade laboral que non están a traballar ou a buscar activamente traballo. Moitas mulleres de 25 a 54 anos, que en mellores condicións normalmente buscarían emprego, tamén abandonaron o mercado de traballo(9).

A crise estrutural do capital

 O primeiro cuarto de século despois da Segunda Guerra Mundial adoita caracterizarse como “a idade de ouro” do capitalismo moderno. As condicións históricas do período foron excepcionalmente favorábeis para o crecemento económico e a prosperidade. Estes incluíron:

- o xurdimento dos Estados Unidos como poder hexemónico na economía mundial capitalista, reflectido no dominio global do dólar, a expansión do sistema de comercio internacional e a creación dun mercado petroleiro mundial baseado no dólar;

- unha acumulación de liquidez do consumidor durante a Segunda Guerra Mundial, que expandiu enormemente a demanda efectiva despois da guerra;

- a reconstrución das economías desfeitas pola guerra de Europa Occidental e Xapón;

- Guerra Fría/gasto militar imperialista, incluídas dúas grandes guerras rexionais en Asia (en Corea e Vietnam);

- a introdución de novas tecnoloxías, principalmente como resultado da guerra e a preparación para a guerra, como ordenadores e avións a reacción;

- unha gran expansión do “esforzo comercial”;

- unha nova etapa na automobilización da economía estadounidense, que incluíu a construción do sistema de estradas interestatais, o reforzamento das industrias automotriz, do aceiro e do vidro, e o crecemento da suburbanización; e

- o rápido crecemento do investimento estranxeiro directo por parte de corporacións multinacionais centradas nos estados capitalistas avanzados(10).

 En Monopoly Capital en 1966, no apoxeo do auxe posterior á Segunda Guerra Mundial cando os economistas ortodoxos declaraban que o ciclo económico era cousa do pasado, os economistas Paul A. Baran e Paul M. Sweezy salientaron a natureza temporal destas condicións. “O estado normal da economía capitalista monopolista”, escribiron, “é o estancamento”. Argumentaron que o auxe excepcionalmente longo posterior á Segunda Guerra Mundial chegaría ao seu final coa desaparición ou o enfraquecemento destas forzas históricas especiais(11).

 O capitalismo monopolista ten unha tendencia a desacelerar o crecemento en comparanza co capitalismo de libre competencia das primeiras etapas da industrialización. A combinación de altas marxes de beneficios baseados en altas taxas de explotación e prezos de monopolio, exceso de capacidade produtiva e niveis significativos de desemprego/subempleo creou condicións de sobreacumulaciónde capital Xérase máis excedente do que pode ser absorbido de maneira rendíbel dentro da “economía real” a través de novos investimentos e consumo capitalista. O exceso de capacidade produtiva endémico do capitalismo monopolista conduce a baixas taxas de investimento neto en nova capacidade e, polo tanto, a un crecemento relativamente lento. As innovacións, aínda que historicamente significativas, de cando en cando teñen un carácter tan transcendental como para estimular o investimento xeral e, con frecuencia, aforran capital en lugar de absorbelo.

 Aos poucos anos da publicación de Monopoly Capital, a utilización da capacidade dos EUA comezou unha tendencia á baixa. A liquidez do consumidor converteuse en débeda do consumidor. O sistema de estradas interestatais construíuse en gran parte. As economías de Europa Occidental e Xapón reconstruíronse, pasando a un crecemento máis lento. Entrementres, o control estadounidense dos prezos mundiais do petróleo estaba a desvanecerse. Os prezos do petróleo, que durante décadas se mantiveron baixos, impulsando así a expansión económica mundial, aumentaron gradualmente de arredor de dous dólares a uns tres dólares por barril a principios da década de 1970. En resposta ao apoio do EUA a Israel na súa guerra de 1973 con Exipto e Siria (a guerra de Yom Kippur), os membros árabes da OPEP cortaron a produción e reduciron as exportacións, o que provocou que os prezos do cru aumentasen dun tres a doce dólares a máis de trinta dólares por barril. O embargo petroleiro contribuíu á profunda recesión de 1973-1975, que levou a un período de estanflación (estancamento más inflación).

 O aumento da inflación reduciuse na década de 1980 por medio de fortes aumentos das taxas de xuros por parte da Reserva Federal e a enxeñaría dunha recesión aínda máis profunda, o que provocou un gran aumento do desemprego. A subseguinte redución gradual das taxas de xuros contribuíu a unha explosión das finanzas que indirectamente estimulou a economía pero creou unha superestrutura de débeda completamente nova que se impuxo sobre a produción ou “a economía real”. O resultado foi unha crise estrutural do capital reflectida no medio século de persistente estancamento económico, marcado por burbullas financeiras, non só nos Estados Unidos senón tamén no resto do mundo capitalista avanzado(12).

 A desaceleración do crecemento económico foi substancial, coa taxa de expansión do PIB caendo dunha media de 4,3 por cento anual nas décadas de 1950 e 1960, a 3,2 por cento nas décadas de 1970 e 1990, a 2,0 por cento nas primeiras dúas décadas do século XXI(13). Os longos períodos de lento crecemento son endémicos do capitalismo monopolista, como argumentaron Baran e Sweezy na década de 1960, e Harry Magdoff e Sweezy nas décadas de 1970, 1980 e 1990, en obras como Stagnation and the Financial Explosion (Estancamento e explosión financeira) (1986) e The Irreversible Crisis (A crise irreversíbel) (1987). Desde esta perspectiva, non é tanto a tendencia ao estancamento o que require explicación como os períodos excepcionais de altas taxas de crecemento(14).

A viraxe neoliberal

 A clase capitalista está ideoloxicamente disposta a entender cada crise económica como causada polo traballo, o goberno e outros factores externos ao capital mesmo. Fronte ás crises económicas e o estancamento que comezaron na década de 1970, as corporacións e os ricos responderon cunha variedade de tácticas deseñadas para aumentar o seu poder en relación co resto da sociedade:

- inicialmente aumentando as taxas de xuros para aumentar o desemprego e controlar a inflación a través dunha "terapia de choque";

- baixar gradualmente as taxas de xuros novamente durante un período prolongado para estimular a produción e as finanzas;

- emprender un esforzo de mercadotecnia ampliada para vender máis cousas, incluída a expansión do crédito/débeda de consumo a través de tarxetas de crédito e outros medios;

- participar en fusións e adquisicións para concentrar e centralizar aínda máis o capital;

- insistir nun forte gasto militar, mesmo en tempos de paz;

- pedir reducións de impostos e outros subsidios gobernamentais para o capital e os ricos;

- iniciar campañas de presión contra leis e regulamentos que poderían reducir a marxe dos beneficios;

- trasladar a produción ao exterior para aproveitar os baixos custos salariais unitarios nos países pobres; e

- utilizando unha variedade de métodos para debilitar os sindicatos e a resistencia da clase traballadora.

 O que se pode describir como a viraxe neoliberal foi unha nova sinerxía de Estado e mercado, coa crecente subordinación das tarefas de reprodución social, asociadas ao estado de benestar, á reprodución capitalista, como no complexo militar-industrial-financeiro. Seccións enteiras do estado, como a banca central e os principais mecanismos da política monetaria, están agora fóra do control gobernamental efectivo e baixo o dominio do capital financeiro(15).

 Unha manifestación destacada desta viraxe é o crecente poder das corporacións privadas debido aos cambios nas leis e regulamentos federais. Como explicou a comisionada de Bolsa e Valores (SEC), Allison Herren Lee, nun discurso titulado "Escurecemento: o medre dos mercados privados e o impacto nos investidores e a economía" en 2021:

«Quizais o desenvolvemento máis significativo nos mercados de valores no novo milenio foi o crecemento explosivo dos mercados privados [de propiedade privada en oposición ás corporacións que cotizan en bolsa]. Familiarizámonos demasiado coas estatísticas: recadouse máis capital nestes mercados que nos mercados públicos cada ano durante máis dunha década sen signos dun cambio na tendencia. Os crecentes fluxos cara a estes mercados tamén aumentaron significativamente a parte xeral dos nosos mercados de accións e a nosa economía que non é transparente para os investidores, os mercados, os lexisladores e o público.

 A gran cantidade de capital nestes mercados, atribuíbel en parte ás opcións de política tomadas pola Comisión [SEC] nas últimas décadas, tamén creou tipos de negocios novos, mais xa non raros ou míticos, coñecidos como unicornios: empresas privadas con valoracións de 1 billón de dólares ou máis. Bautizados así en 2013, cando a súa existencia e número se asociaban máis apropiadamente cos contos de fadas, desde entón creceron drasticamente tanto en número como, o que é máis importante, en tamaño, alcanzando valoracións vertixinosas que se achegan e mesmo superan os 100.000 millóns de dólares. Nos mercados actuais, as empresas poden e seguen sendo privadas moito máis tempo que nunca, a pesar de que con frecuencia eclipsan os seus equivalentes públicos en tamaño e influencia(16)».

 Estes chamados unicornios inclúen compañías tan coñecidas como Cargill, Koch Industries, Mars, Bloomberg e Hearst(17). Tan grande é a falta de transparencia que rodea estas empresas privadas que "os sindicatos que loitan polos dereitos e proteccións dos empregados poden carecer de información financeira importante sobre as empresas que empregan a decenas de miles de traballadores"(18).

 A viraxe neoliberal, en lugar de restaurar un crecemento rápido, só intensificou as contradicións da sobreacumulación e o estancamento da economía estadounidense, requirindo a expansión dos vellos e o desenvolvemento de novos soportes para o sistema. Ao longo da era posterior á Segunda Guerra Mundial, o gasto público xogou un papel importante como alicerce da economía. Isto é particularmente evidente no caso do xigantesco orzamento militar dos EUA, que agora se achega oficialmente ao billón de dólares ao ano e, en realidade, contando o gasto militar non oficial oculto noutras partes do orzamento, moito máis que iso(19). O gasto militar ten o dobre propósito de apoiar as corporacións e proporcionar unha demanda efectiva para a economía, ao mesmo tempo que expande o imperio estadounidense e serve para promover os intereses do capital centralizado en todo o mundo. Con todo, o aumento do gasto militar é limitado, xa que os Estados Unidos xa gastan tanto como as seguintes nove potencias militares combinadas, e as grandes guerras poden conducir a unha destrución catastrófica. Aínda que a guerra de poder dos EUA/OTAN con Rusia en Ucraína está a impulsar o orzamento do Pentágono, unha guerra a grande escala entre as superpotencias (que xa está perigosamente cerca) ameaza coa aniquilación nuclear(20). Por tanto, o aumento no gasto militar xa non pode proporcionar suficiente estímulo para sacar a economía do estancamento económico.

 Nestas circunstancias, as corporacións recorreron cada vez máis ás finanzas como unha forma principal de empregar o seu efectivo acumulado, co obxectivo de aproveitar os prezos dos activos en constante aumento. O resultado foi unha nova fase de capital de monopolio financeiro dependente de baixas taxas de xuros e rescates periódicos do goberno(21). A financeirización ten que ver coa expansión da débeda e a especulación. A débeda de todo tipo disparouse dentro do sector privado. O capital financeiro converteu unha parte da economía nun casino xigante no que literalmente podes facer apostas en calquera cousa imaxinábel. Este desenvolvemento está alimentado por unha serie constante de novos “instrumentos” financeiros. Os “voitres capitalistas” entran en acción comprando empresas usando apancamento (débeda colocada nos libros dunha empresa) e logo, ás veces, vendendo partes. Usando este esquema (cómpreo, desposúao, déalle a volta), unidades máis grandes de capital extraen efectivo mentres debilitan as empresas, e con frecuencia decláranse en bancarrota mentres os traballadores perden o postos de traballo.

 A financeirización está indisolubelmente ligada á tendencia xeral de monopolización na economía, cuxa promoción activa se converteu nunha política gobernamental deliberada, rompendo coa práctica antimonopolio anterior(22). Para promover fusións e adquisicións, como unha forma de alimentar o proceso de financeirización, o goberno federal eliminou todo un conxunto de restricións que datan da era do New Deal, en particular separando a banca comercial da de investimento. Isto levou a novas e amplas ondas de concentración empresarial inducida polas finanzas. Menos empresas que controlan unha gran parte do mercado significa que os monopolios/oligopolios teñen maior poder para aumentar os prezos e xerar maiores marxes de beneficio (maiores marxes sobre os custos), así como un maior poder para baixar os salarios. No momento da Gran Crise Financeira en 2008, as duascentas corporacións principais por si soas representaban arredor do 30 por cento das ganancias brutas na economía dos EUA (unha economía que incluía 5,5 millóns de empresas, 2 millóns de alianzas comerciais, 17,7 millóns de empresas individuais non agrícolas e 1,8 millóns de explotacións agrícolas)(23).

 As crises económicas baixo o capitalismo, paga a pena repetilo, son case invariabelmente atribuídas polo capital aos altos salarios, os baixos aumentos da produtividade laboral e a interferencia do goberno. Independentemente dos feitos reais, esta foi a principal afirmación da clase capitalista en resposta a todas as crises económicas desde a Segunda Guerra Mundial. Aínda que a tendencia ao estancamento económico era bastante evidente, a economía ortodoxa xeralmente ignoraba isto antes de 2008, e mesmo agora busca minimizar a profundidade do problema.

 Este fracaso para confrontar a realidade reflectiuse na ideoloxía económica dominante da década de 1980, inicialmente denominada economía do lado da oferta. A nova ideoloxía económica tomou a forma de xustificar a redistribución do ingreso e a riqueza dos pobres aos ricos —ás veces criticada como “Robin Hood ao revés”— como unha solución á desaceleración económica. Dicíase que os ricos sufrían unha redución dos beneficios e a conseguinte escaseza de capital para investir. Outra forma de dicir isto é que as corporacións e os ricos non eran o suficientemente ricos, mesmo cando estaban sentados sobre montes de cartos que non estaban a investir. As solucións entón convertéronse en: (1) aumentar o superávit económico a disposición dos ricos corporativos a través de medidas deseñadas para aumentar os beneficios, ou reducir os impostos, e (2) eliminar as regulacións para promover a expansión e privatización das empresas.

 Demostrouse repetidamente que as novas inxeccións de excedente económico nas corporacións e os ricos, en condicións de capital financeiro de monopolio, só serven principalmente para aumentar os prezos dos activos. Con todo, isto é completamente ignorado polos economistas egoístas, os patrocinadores corporativos e os acomodados. Aínda que o investimento neto na economía real seguiu estancada, iso non impediu que o capital repita sen cesar a mesma ladaíña: os ricos simplemente non teñen diñeiro dabondo para xerar novos investimentos, o que require roldas interminábeis de austeridade económica. A procura desta estratexia levou a unha reestruturación sistemática da relación do capital co traballo, o Estado e a economía mundial. Esta reestruturación xeral da economía política nesta época, incluídos os intentos de subordinar o Estado máis plenamente á lóxica do capital, gradualmente tomou o nome de neoliberalismo, ás veces tamén coñecido como globalización neoliberal(24).

 Na era neoliberal, a economía creceu cada vez máis lentamente a pesar de que a financerización serviu para impulsala durante breves períodos a través do que se coñeceu como o efecto riqueza. Como unha parte máis grande do pastel económico xeral foi para os ricos, isto estimulou o consumo de luxo por parte dos ricos, que dedicaron unha pequena porcentaxe dos seus maiores activos financeiros a mercar avións privados, iates, mansións adicionais, etc., que serviron para impulsar a economía durante períodos curtos de tempo.

 Hoxe en día, a financeirización instalouse por completo na economía e atinxiu á manipulación dos fluxos financeiros persoais da poboación fóra dos ingresos regulares. Isto lógrase mediante técnicas que son máis sistemáticas e rapaces que no pasado, como asaltar as pensións públicas e privadas e os seguros de saúde, cobrar taxas de xuros moito máis altas aos pobres e inflar os custos farmacéuticos.

 No apoxeo das burbullas de Wall Street, gran parte da poboación involucrouse no acto. Antes de que estalase a burbulla inmobiliaria na Gran Recesión/Gran Crise Financeira de 2007–09, as baixas taxas de xuros permitían aos propietarios refinanciar e obter segundas hipotecas baseadas nun aumento no valor das vivendas para que os seus gastos puidesen aumentar mesmo se os ingresos non o facían. Porén, os crecentes niveis de débeda dos fogares na sociedade levaron a moitos á bancarrota cando chegou a crise.

 Despois da Gran Crise Financeira, fíxose cada vez máis evidente que a natureza do novo sistema de capital financeiro de monopolio exixía unha redución cada vez maior dos fluxos de ingresos da poboación en xeral. Todas as formas de apoio á poboación en xeral, como ingresos, pensións, seguro médico, gasto en educación pública, prestacións sociais, etc., víronse afectadas negativamente. Estas respostas neoliberais á crise estrutural do capitalismo serviron para aumentar o poder, os ingresos e a riqueza do capital en relación coas clases traballadoras e medias baixas, con efectos devastadores para os traballadores.

 Cando se fan propostas co respaldo da gran maioría da poboación para aumentar os impostos aos ricos e as corporacións, os capitalistas hoxe proclaman que iso é parte dunha “guerra de clases” contra eles. Mais a verdadeira guerra de clases que estivo en marcha durante máis de medio século é a que libra o capital contra o traballo. Como explicou o inversor multimillonario Warren Buffett cando se lle preguntou se existía unha guerra de clases: “Está ben, hai unha guerra de clases, pero é a miña clase, a clase rica, a que está a facer a guerra, e estámola gañando”(25). (Para debater acerca da condición xeral do traballo nos EUA e a guerra librada polo capital contra o traballo, consulte o noso artigo anterior "A difícil situación da clase traballadora dos EUA(26)).

O ataque aos sindicatos

 O rápido crecemento do movemento laboral durante e despois da Gran Depresión levou a que a afiliación sindical se estendese a aproximadamente un terzo da forza laboral desde mediados da década de 1940 até mediados da década de 1950. Durante este período, que se prolongou até a década de 1960, asociado á chamada idade de ouro, os salarios subiron máis rápido que a inflación. Isto significou que os salarios reais dos traballadores (tendo en conta a inflación) aumentaron en certa medida xunto coa produtividade, o que permitiu unha vida cada vez máis cómoda para moitos traballadores. O crecemento gradual dos salarios reais dos traballadores neste período axudou a expandir a economía ao aumentar a demanda efectiva, estimulando o investimento de capital. Porén, as empresas viron isto como unha bendición a medias, xa que as marxes de beneficio das corporacións, a pesar de alcanzar os dous díxitos despois dos impostos durante os picos do ciclo económico nos anos 50 e 60(27), se viron freadas polo aumento dos salarios reais. Os intereses creados consideraban que a dificultade de aumentar a taxa de explotación dos traballadores na chamada idade de ouro do capitalismo afectaba negativamente os resultados corporativos.

 O cambio de poder cara aos traballadores durante o New Deal da década de 1930 e a Segunda Guerra Mundial conduciu a un contraataque durante a Era McCarthy no que o primeiro obxectivo foron os sindicatos dirixidos por comunistas/socialistas no Congreso de Organizacións Industriais (CIO). Direccións sindicais empresariais conservadoras, buscando aliñarse máis estreitamente co capital, sumáronse á loita contra o sindicalismo radical. Isto conduciu á expulsión de dez sindicatos radicais do CIO xunto cun ataque implacábel contra todas as prácticas sindicais militantes dirixidas especialmente a socavar a súa capacidade de organizarse e facer folga. Isto comezou coa Lei Taft-Hartley de 1947, pero foi seguido doutras medidas contra o traballo. O resultado final foi unha diminución na porcentaxe de traballadores afiliados a sindicatos a partir de mediados da década de 1960. O declive acelerouse na década de 1980 despois de que Ronald Reagan despedise os controladores de tráfico aéreo en folga (substituíndoos mentres tanto con controladores militares de tráfico aéreo utilizados como crebafolgas). A partir dese momento, a propaganda e a acción antisindical fixéronse máis “aceptábeis” socialmente no goberno e os medios de comunicación. A ofensiva do capital contra o traballo provocou que a porcentaxe de traballadores en sindicatos diminuíse de aproximadamente un terzo a arredor do 10 por cento de todos os traballadores (que agora inclúe arredor dun terzo dos traballadores do goberno, pero menos do 6 por cento dos traballadores de empresas privadas). A última década en que se produciron unha gran cantidade de accións de folga foi a década de 1970, con case 300 paros laborais que afectaron a un milleiro ou máis traballadores e unha media de 26 millóns de días de traballo perdido cada ano(28).

 O capital ve os sindicatos como unha ameaza ás súas marxes de ganancia mesmo en sectores non sindicalizados da economía debido ao efecto xeral sobre os niveis de salarios e beneficios. A loita contra os sindicatos intensificouse máis na nova economía financeirizada a partir da década de 1980, xa que a financeirización require para a súa continuación fluxos cada vez maiores de excedente económico apropiado dos traballadores na “economía real” de produción. Isto levou a un enfoque máis agresivo do capital e o estado destinado a reducir a forza laboral.

 A alta afiliación sindical (e os maiores ingresos que reciben os traballadores sindicalizados en comparanza cos traballadores non sindicalizados) ten un impacto moito máis alá dos traballadores sindicalizados. Os salarios de moitos traballadores non sindicalizados en traballos similares tenderán a mellorar a medida que os sindicatos obteñan mellores convenios. Do mesmo xeito, cando aumenta o salario mínimo, os traballadores que xa gañan o novo salario mínimo máis alto tenden a obter aumentos salariais tamén.

 A loita do capital contra os sindicatos acelerouse máis neste século, con empresas como Amazon, Starbucks e Trader Joe's “[levando adiante] un feroz contraataque contra as campañas sindicais” utilizando novas ferramentas de vixilancia para loitar contra os traballadores(29). Unha folla informativa de 2023 publicada polo Instituto de Política Económica titúlase “Os empregadores están acusados ​​de violar a lei federal en case o 40 % das eleccións sindicais”(30). Un editorial do Financial Times de Gran Bretaña dicía: “O intenso rexeitamento á sindicalización está a converterse na norma nos Estados Unidos, e está a ter un impacto. A intensa oposición de moitos dos principais empregadores dos EUA aos traballadores que tentan sindicalizarse é un factor importante na recente diminución da afiliación sindical nos EUA, onde os EUA teñen unha das afiliacións sindicais máis baixas en comparanza con outras nacións industrializadas do mundo”(31).

O crecente desacougo da clase traballadora dos EUA

 A clase traballadora nos Estados Unidos tivo un momento especialmente difícil durante as dúas primeiras décadas do século XXI. A primeira década comezou cunha recesión tras o estouro da burbulla das puntocom e, logo dunha breve recuperación, axiña seguiu a crise financeira e de vivenda da Gran Recesión de decembro de 2007 a xuño de 2009. Necesitáronse máis de seis anos para que o emprego total volvese ter os niveis previos á recesión, e mesmo máis tempo para que o número de traballadores a tempo completo iguale os niveis previos á recesión. Pasaron nove anos antes de que a taxa de desemprego baixase ao nivel anterior á recesión do 4,7 por cento. Millóns de persoas perderon os seus fogares e as quebras persoais disparáronse. A propiedade de vivendas diminuíu durante unha década, e os investidores compraron propiedades para convertelas en casas de alugueiro. “Investidores compraron polo menos dous millóns de vivendas, e case con certeza moito máis que iso, con prezos baixos. Investidores institucionais a grande escala compraron decenas de miles de vivendas por menos do que custou construílas”(32). O aumento vertixinoso dos alugueiros en 2021–2022, xunto coa inflación noutras partes da economía, incluído o aumento do custo dos alimentos, foi desastroso para millóns de persoas.

 A guerra contra os salarios dos traballadores e as condicións de traballo foi a máis baixo estas condicións. Ademais da explotación habitual, hai varias formas en que as empresas recortan os salarios dos traballadores. Unha é evitar o pagamento de horas extras (un 50 por cento máis que o salario base) a través da inflación dos postos de traballo, creando postos de traballo que fan que pareza que un traballador é un xerente. Cando un recepcionista se converte en "director de primeiras impresións", un perruqueiro en "xerente de aseo" ou un asistente de carriño de comida en "xerente de carriño de comida", os traballadores non reciben un pagamento adicional obrigatorio por horas extra(33).Outra forma en que as empresas poden evitar o pagamento de horas extras, ou mesmo, ás veces, calquera salario definido ou outra compensación, é clasificar os traballadores como contratistas independentes [autónomos] en lugar de empregados. Outra estrataxema para baixar os salarios é que as empresas subcontraten unha parte da man de obra necesaria (traballo de custodia, por exemplo) a outras empresas que empregan traballadores con salarios baixos, sen atención médica nin cobertura de pensións. Desta maneira, cúlpase os subcontratistas, en lugar de ás grandes empresas, cando hai problemas como a explotación ilegal de man de obra infantil migrante para realizar tarefas perigosas(34).

 Outro aumento da explotación dos traballadores adopta a forma de cláusulas de non competencia. Estímase que arredor do 20 por cento da man de obra privada tivo que prometer non deixar o traballo e irse a outra empresa que faga o mesmo traballo ou un similar(35). Estas cláusulas de non competencia axudan a reducir os salarios ao dificultar que os traballadores cambien de traballo a outros similares que polos poderían cobrar máis ou ter mellores condicións laborais. Outros xeitos para controlar a man de obra son: (1) o requisito de que algúns traballadores dean un aviso de catro meses ou se enfronten a pagarlle á empresa por irse antes dese período, (2) exixir que os traballadores paguen a unha empresa pola capacitación recibida cando se vaian, e (3) obrigar os traballadores estranxeiros a pagaren unha tarifa exorbitante por irse. Health Carousel LLC, por exemplo, cobra “unha tarifa de renuncia de 20.000 dólares para obrigar ás enfermeiras estranxeiras a permanecer en condicións de traballo miserables”(36).

 Logo está o roubo directo real de salarios por parte do capital. Estímase que aos traballadores estadounidenses lles rouban uns 50.000 millóns de dólares ao ano(37). Este tipo de expropiación inclúe non pagar horas extras, pagar menos do salario mínimo, obrigar os traballadores a traballaren máis horas das que se lles paga, roubar propinas, etc. Segundo un artigo de Forbes Advisor, “os traballadores con salarios baixos, en industrias como a construción, o coidado de nenos e os servizos de alimentación, vense atinxidos de maneira desproporcionada polo roubo de salarios”(38).

 Unha estratexia adoito utilizada polo capital para aumentar as ganancias a través de taxas máis altas de explotación laboral é reducir os postos de traballo por baixo do número real necesario para levar a cabo as tarefas de forma segura e sen unha tensión excepcional. Isto deixa os traballadores restantes traballando e constantemente baixo presión. Isto sucedeu en moitos sectores, como hospitais e residencias de anciáns con fins de lucro e en almacéns. A dotación de persoal dos camiños de ferro diminuíu tanto que é difícil para os traballadores coller un día por enfermidade ou solicitar citas médicas:

 “A pesar de que nos camiños de ferro están a operar trens de carga cada vez máis longos que ás veces se estenden por millas, as compañías reduciron drasticamente o persoal contratado, o que levou os sindicatos a advertiren de que as medidas destinadas a aumentar os beneficios poderían pór en perigo a seguridade e mesmo provocar accidentes.

 Máis do 22 % dos postos de traballo nas compañías ferroviarias Union Pacific, CSX e Norfolk Southern foron eliminados desde 2017, cando CSX implementou un sistema de redución de custos chamado Precision Scheduled Railroading que a maioría das compañías ferroviarias dos EUA copiou máis tarde. BNSF, a maior ferroviaria dos EUA e a única que non adoptou expresamente ese modelo, tamén realizou recortes de persoal para mellorar a eficiencia e seguir sendo competitivo”(39).

 Os recortes de persoal teñen efectos reais nos traballadores e a cidadanía en xeral. A fins de 2022, cando o Congreso e a Administración de Biden se apresuraron a evitar unha folga nacional de ferrocarrís, ignoraron as preocupacións dos traballadores sobre as difíciles condicións causadas pola escaseza de persoal: “Os traballadores ferroviarios reivindicaran días de enfermidade pagos para aliviar os horarios esgotadores causados ​​por… recortes laborais, con moitos traballadores de garda as 24 horas do día, os 7 días da semana, todos os días do ano, que con frecuencia teñen que traballar mentres están enfermos ou non acoden a citas médicas debido ás súas demandas de programación e estritas políticas disciplinarias de control da asistencia ao traballo”(40). Ademais dos “sistemas de programación de precisión” que reduciron o persoal ferroviario, as empresas tamén aforraron en mantemento. Esta neglixencia corporativa posibelmente xogou un importante papel no descarrilamento en febreiro de 2023 en Ohio de vagóns que queimaron e liberaron unha chea de materiais moi tóxicos. Segundo Leo McCann, presidente da división de man de obra ferroviaria do departamento de comercio de transporte do AFL-CIO: “As compañías ferroviarias están máis interesados ​​na rendibilidade e en manter o seu retorno do investimento alto e os seus números baixos para poder satisfacer a Wall Street, e simplemente viven detrás deste escudo esperando que non aconteza nada”(41).

 Outra razón dos tempos difíciles para os traballadores é a perda de empregos industriais ("desindustrialización") en importantes zonas dos Estados Unidos. Non se trata só da perda de empregos industriais ben remunerados, senón do baleiramento de comunidades enteiras ou mesmo de cidades, como resultado dos crecentes niveis de automatización e robotización, a deslocalización da fabricación ao sur dos Estados Unidos non sindicalizado e os efectos de acordos comerciais internacionais que fomentan a produción no estranxeiro. Os devanditos acordos comerciais aceleraron un proceso xeral polo cal as multinacionais estadounidenses confían na “arbitraxe laboral global” ou a explotación (e superexplotación) dos traballadores no Sur Global. Isto significa trasladar a produción a países con custos laborais unitarios baixos (é dicir, a diferenza en salarios en comparanza cos estados capitalistas avanzados é maior que a diferenza en produtividade)(42). Este sistema mantense grazas ás estruturas económicas, políticas e militares xerais do imperialismo, con Estados Unidos no centro.

 O resultado da arbitraxe laboral global é unha carreira mundial xeral cara ao abismo nos salarios, o que contribuíu á desesperación da xente en case todas as partes na economía mundial capitalista e á crecente dificultade das súas vidas. Nos Estados Unidos, isto contribuíu a unha epidemia de “mortes por desesperación”. Aquí cómpre sinalar que a desesperación nas comunidades negras leva producíndose desde hai tempo, causada polas altas taxas de desemprego, os traballos mal pagos e a discriminación continua en todos os ámbitos da vida. Pero o fenómeno só obtivo unha atención xeneralizada prolongada cando tamén se estendeu ás comunidades brancas(43).

 Estímase que case unha cuarta parte dos traballadores estadounidenses teñen traballos mal pagos. Pero, ademais dos salarios de pobreza, os traballadores pobres e outros traballadores de baixos ingresos están suxeitos a outros tipos de expropiación: os alugueiros das súas vivendas son altos en relación co valor da vivenda e aumentaron rapidamente durante a última década ("propietarios que operan nas veciñanzas pobres adoitan obter beneficios que duplican os dos propietarios que operan en comunidades ricas”); debido aos aforros baixos ou inexistentes, pagan unha gran parte dos 11 mil millóns de dólares en cargos por sobrexiros bancarios; e aqueles que non teñen acceso ao sistema bancario pagan tarifas de 1.6 mil millóns de dólares por cambio de cheques e 8 mil millóns de dólares por empréstitos de día de pagamento. Por contraditorio que pareza, pódese gañar diñeiro coa pobreza(44).

 A difícil situación dos traballadores nos Estados Unidos e outras economías ricas volveuse tan grave que mesmo se discute nos medios de comunicación dominantes. A finais de 2020, durante a pandemia, o Financial Times publicou un editorial no que describía algúns dos problemas:

“A maioría de nós dependemos, ás veces literalmente para as nosas vidas, de persoas que enchen os estantes, entregan alimentos, limpan hospitais, coidan dos anciáns e os enfermos. Porén, moitos destes heroes anónimos están mal pagos, teñen exceso de traballo e sofren situacións laborais difíciles e inseguridade mentres están no traballo. Un neoloxismo que se acuñou para describilos, o “precariado”, é atinado… A epidemia de traballos precarios e mal pagos reflicte un fracaso… Nas últimas catro décadas, o traballo non logrou garantir ingresos estábeis e axeitados para un número cada vez maior de persoas. Isto dá lugar a salarios conxelados, ingresos baixos, amortecedores financeiros inexistentes para emerxencias, baixa seguridade laboral e condicións de traballo brutais... Moitos sofren un risco crecente de quedar sen fogar e epidemias de enfermidades relacionadas coas drogas e o alcol(45)”.

 Os datos económicos sinalan claramente que un número importante de persoas viron estancado ou diminuído o seu poder adquisitivo. O goberno recompila información de todos os asalariados e asalariados, así como daqueles denominados traballadores de “produción e non supervisores”. Esta categoría comprende arredor do 80 por cento de todos os traballadores en empresas privadas, ou arredor de 100 millóns de empregados. Desde a década de 1950 até mediados da década de 1970, a “compensación real” media (salarios máis beneficios complementarios, corrixidos por inflación) dos traballadores de produción e non supervisores aumentou en certa medida en consonancia co aumento do PIB e a produtividade. Pero durante as últimas catro décadas, mentres que a produtividade laboral (produción por hora) para todos os traballadores aumentou nun 75 por cento e o PIB real per capita aumentou en case un 100 por cento, a media da compensación dos traballadores de produción e non supervisores aumentou nun escaso 15 por cento, e a compensación media en realidade diminuíu (Gráfica 1)(46).

Gráfico 1. PIB real per cápita, remuneración media e remuneración mediana (traballos de produción e non supervisores)

 Fontes: Índice de compensación real media e mediana calculado a partir da Biblioteca de datos de América do Traballo do Instituto de Política Económica, "Produtividade e compensación por hora", epi.org , actualizado en setembro de 2021; índice do PIB real calculado a partir da base de datos FRED da Reserva Federal de St. Louis, fred.stlouisfed.org, “Real Domestic Product per capita” (serie de datos A939RX0Q048SBEA), actualizado o 23 de febreiro de 2023.

 Nota: As tres series de datos trázanse como valores de índice. O índice de compensación mediana comeza en 1973, onde 1973=200, xa que é o primeiro ano do que se dispón de datos.

 De feito, desde a década de 1960 até 2020, os salarios dos traballadores de produción e non supervisores no emprego privado reducíronse de arredor do 30 % a arredor do 20 % do PIB (Gráfico 2). Por tanto, unha parte menor dos ingresos ou do valor engadido na economía destinábase aos salarios, especialmente para aqueles no extremo inferior dos ingresos. O contrario disto é que o capital se estaba apropiando dunha maior parte do valor engadido, o que levou a enormes excedentes de capital acumulados na parte superior da economía. En agosto de 2022, as corporacións tiñan 5,9 billóns de dólares en efectivo que non se investían (gran parte agochouse no estranxeiro para evitar impostos), un fenómeno característico do capital financeiro de monopolio, onde a economía está máis orientada a acumular activos financeiros e acumular efectivo que ao investimento produtivo(47). Estímase que as grandes empresas do índice S&P 500 utilizarán 1 billón de dólares en 2023 para comprar as súas propias accións co fin de garantir os seus prezos(48).

Gráfico 2. Ingresos anuais totais dos traballadores de produción e non supervisores (porcentaxe do PIB)

Fontes: Calculado a partir da base de datos FRED: “Media de beneficios semanais de produción e empregados non supervisores, total privado” (serie de datos CES0500000030), actualizado o 10 de marzo de 2023; “Empregados de produción e non supervisores, total privado” (serie de datos CES0500000006), actualizado o 10 de marzo de 2023; PIB.

 As consecuencias do estancamento dos salarios reais para a clase traballadora son fondas. Por exemplo, estímase que os traballadores homes maiores de 25 anos e que gañaban o salario medio en 1985 tiñan que traballar a tempo completo durante corenta semanas para poder pagar un ano da chamada vida de clase media, ou o estándar necesario para a reprodución da forza de traballo nun fogar, incluídos os custos de alimentos, vivenda, coidado de nenos, educación, atención médica, transporte e comunicacións. Hoxe, debido a que o salario medio real (corrixido por inflación) caeu, necesítanse sesenta e dúas semanas completas para xerar o mesmo nivel de vida. Isto último significa que traballar en múltiples traballos ou ter un fogar con dúas fontes de ingresos é esencial para alcanzar este nivel de ingresos. Para esa porcentaxe de homes maiores de 25 anos que só teñen estudos secundarios, o tempo de traballo necesario para alcanzar este nivel de vida durante un ano pasou de corenta e tres semanas en 1985 a oitenta semanas(49). Cando se observa que a metade dos traballadores, por definición, gañan menos que o salario medio (ou a remuneración media), non sorprende que tanta xente pase apuros hoxe en día. Máis do 60 por cento dos traballadores (incluso a metade dos que gañan 100.000 dólares) viven de practicamente ao día, con poucos ou ningún aforro dispoñíbel no caso de que ocorra unha emerxencia inesperada(50).

 Durante o último medio século, mentres os capitalistas esmagaban o nivel de vida dos traballadores e os explotaban a niveis cada vez máis altos, os ricos usaban a súa influencia para aumentar o poder político co fin de garantir que a súa riqueza aumentase exponencialmente. Reducíronse os impostos de sucesións e recortouse o imposto da renda para as persoas con altos ingresos, así como para as corporacións. A diminución dos impostos corporativos e especiais fixo que o imposto sobre a renda persoal ocupase o sitio, de xeito que en 2022, omitidos os impostos dedicados ao Seguro Social e Medicare, este representou máis do 70 por cento dos ingresos fiscais do goberno federal(51). Dado que os impostos sobre a renda das persoas físicas están a converterse nunha parte maior dos ingresos federais recadados, e os que gañan moito pagan unha porcentaxe máis baixa dos seus ingresos en impostos, existe unha presión fiscal máis regresiva sobre os que gañan pouco.

O imposto sobre o patrimonio, que só afecta ás clases acomodadas, foi un obxectivo especial dos grupos de presión dos ricos. "A campaña [dos grupos de presión] tivo un éxito espectacular. En 1976, uns 139.000 fogares estadounidenses debían declarar o imposto de patrimonio; en 2020, eran tantas as exencións que apenas 1.275 fogares de todo o país tiñan que pagalo". A Gary Cohn, o asesor económico de Trump que axudou a deseñar a flexibilización máis recente da disposición, ouvíuselle dicir aos membros do Congreso: "Só os imbéciles pagan o imposto de patrimonio"(52). O Departamento do Tesouro estimou que a evasión fiscal en 2019 por parte do 1 por cento máis rico lle custou ao Goberno 163.000 millóns de dólares(53). Cos avogados fiscais creando continuamente novas formas de reducir os impostos aos ricos e o Servizo de Impostos Internos falto de persoal e incapaz de avaliar adecuadamente as complexas declaracións de impostos dos ricos, cada vez máis a maior carga impositiva recae especialmente nas rendas medias e baixas.

 Os cambios na lexislación fiscal que favorecen os ricos foron tan "exitosos" que os catrocentos fogares máis ricos pagan agora os seus impostos (total federal, estatal e local) a tipos máis baixos que os do 50% dos fogares con menos ingresos (gráfico 3).

Gráfico 3. Impostos totais (locais, estatais e federais) Impostos totais (locais, estatais e federais) como porcentaxe da renda

Fontes: Emmanuel Saez e Gabriel Zucman, The Triumph of Injustice: How the Rich Dodge Taxes and How to Make Them Pay (New York: W. W. Norton & Co., 2019), appendix B5.

A magnitude total do roubo á clase traballadora

 As restricións aos aumentos dos soldos e salarios dunha gran parte dos traballadores conduciron ao estancamento dos salarios reais. O poder adquisitivo real dos salarios dos traballadores apenas variou desde principios da década de 1960(54). O resultado foi unha enorme transferencia de ingresos que en condicións anteriores irían a parar aos traballadores, pero que agora van parar a mans das clases acomodadas. Segundo un estudo da RAND Corporation que analizou os cambios nos ingresos dos distintos niveis de renda entre 1975 e 2018, os ingresos das persoas con maiores ingresos aumentaron moito máis rápido que o crecemento da economía, mentres que, nos niveis inferiores da escala de ingresos, os ingresos creceron progresivamente menos. De 1975 a 2018, a porcentaxe de renda impoñíbel destinada ao 10 por cento das rendas máis altas pasou do 34 ao 50 por cento da renda persoal total dos EUA(55). O estudo tamén estimou como cambiarían as rendas dos distintos niveis durante o período se as rendas de todos os segmentos de renda (decís) aumentasen á vez, manténdose na mesma proporción entre si. O informe indica que, para o 90% inferior, a fenda "entre o que gaña actualmente un segmento da poboación fronte ao que gañaría se os ingresos medrasen co conxunto da economía" era de aproximadamente 2,5 billóns de dólares en 2018. Para todo o período de 1975 a 2018, o informe estima que o total da fenda foi de máis de 47 billóns de dólares.

 Do mesmo xeito, os economistas Emmanuel Saez e Gabriel Zucman descubriron que, cun crecemento equitativo dos ingresos entre 1980 e 2018, o 10% das persoas con menos ingresos terían case un 80% máis de ingresos en 2018 dos que realmente recibiron, mentres que os ingresos medios antes de impostos serían aproximadamente un terzo máis altos (Táboa 1)(56). Pola contra, o crecemento equitativo dos ingresos deixaría os 400 fogares máis ricos cun 85% menos de ingresos dos que recibiron en 2018. Terían que arranxarllas a duras penas cuns ingresos medios antes de impostos de 66 millóns de dólares en lugar de 456 millóns(57).

Táboa 1. Ingresos antes de impostos e diferenza entre o aumento equitativo e real dos ingresos de 1980 a 2018

Fontes: Saez and Zucman, The Triumph of Injustice, appendix TC8.

 A clase capitalista demostrou máis que nunca ser a clase dominante da sociedade. O capital tamén é capaz de verter unha enorme cantidade de diñeiro nas eleccións e de utilizar os seus grupos de presión para redactar leis e decretos. O Tribunal Supremo dos Estados Unidos eliminou practicamente todas as restricións ás contribucións dos ricos ás campañas electorais, o que permitiu aos sectores competidores da clase capitalista comprar con maior eficacia as eleccións estadounidenses. A clase capitalista conseguiu diluír a aplicación de moitas normativas, á vez que reduciu a afiliación sindical e suprimiu as melloras salariais. Coa entrada en vigor do TLCAN e a OMC, as empresas multinacionais gozaron de maior liberdade para investir no estranxeiro e repatriar o capital a vontade. As cadeas de valor creadas, nas que os compoñentes dunha mercadoría proceden de diversos países e empresas e se ensamblan en rexións con custos laborais unitarios relativamente baixos, aumentaron enormemente os beneficios empresariais(58). Moitos quedaron atrás, loitando por sobrevivir, xa que os aumentos salariais de cando en cando seguen o ritmo da inflación(59).

 Aínda que as contribucións relativas do que se considera a explotación capitalista "normal" e a expropiación real son incertas, o efecto da combinación de ambas foi un gran recorte dos ingresos dos traballadores. Se as diferenzas relativas entre os distintos niveis de ingresos se mantiveron como nos anos 60 e principios dos 70, os traballadores -nomeadamente os clasificados como traballadores de produción e non supervisores, que constitúen aproximadamente o 80% da man de obra total- terían uns ingresos significativamente superiores aos actuais. Estímase que os 47 billóns de dólares de ingresos "perdidos" polo 90 por cento inferior durante o período 1975-2018 poderían axudar os traballadores a pagar a comida, o alugueiro, os servizos públicos, a atención sanitaria, o transporte, a conectividade e a educación, sen endebedarse. E se o goberno recadase máis impostos dos moi ricos, podería crear doadamente programas e empregos para axudar as persoas en comunidades con poucas esperanzas dun futuro mellor. E, por suposto, se os Estados Unidos gastasen menos no exército, non tivesen tantas bases no estranxeiro e deixasen de participar en guerras exteriores, poderíanse liberar importantes recursos para usos sociais.

 Como afirma Bernie Sanders no título do seu novo libro, It's OK to Be Angry About Capitalism (Está ben estar enfadado co capitalismo)(60), dado que o capital leva décadas librando unha guerra de clases intensificada contra os traballadores, con resultados desastrosos para todos menos para os ricos, é de estrañar que os traballadores estean a empezar agora a organizarse de novo e a contraatacar con renovadas loitas sindicais? Unha cousa é certa: só un gran levantamento desde abaixo á escala dos anos 30 sería capaz de producir un maior poder obreiro para crear unha sociedade moito máis xusta e equitativa.

_____________________________________________________________________________

Notas:

(1) Woody Guthrie, “Pretty Boy Floyd”, RCA Victor, gravado o 26 de abril de 1940.

(2) Karl Marx, O Capital, vol. 1 (Londres: Penguin, 1976); Karl Marx e Frederick Engels, Collected Works (Nova York: International Publishers, 1975), vol. 20, 129.

(3) Sobre o papel da expropiación no capitalismo, incluída a expropiación da natureza, véxase John Bellamy Foster e Brett Clark, The Robbery of Nature (Nova York: Monthly Review Press, 2020).

(4) Peter Coy, “Unseparated and Unequal”, boletín do New York Times, 17 de outubro de 2022.

(5) Barbara Ehrenreich, Nickel and Dimed , (Nova York: Metropolitan Books, 2001), 221

(6) Fred Magdoff e Harry Magdoff, "Disposable Workers: Today's Reserve Army of Labor", Monthly Review 55, nº. 11 (abril de 2004): 18–35.

(7) Nicholas Megaw, “US companies say it is easier to hire despite low jobless rate”, Financial Times, 26 de febreiro de 2023.

(8) John Bellamy Foster e Robert W. McChesney, The Endless Crisis (Nova York: Monthly Review Press, 2012), 144–47.

(9) Calculado a partir dos arquivos de base de datos FRED da Reserva Federal de St. Louis LREM25MAUSA156S e LFWA25MAUSM647S.

(10) Harry Magdoff e Paul M. Sweezy, The Deepening Crisis of US Capitalism (Nova York: Monthly Review Press, 1981), 181–82; Harry Magdoff, “International Economic Distress and the Third World”, Monthly Review 33, nº. 11 (abril de 1982): 3–5. A diminución destes diversos factores que estimularan o crecemento posterior á Segunda Guerra Mundial tamén estivo relacionada coa maduración do proceso de industrialización na economía capitalista avanzada, que entrou en xogo unha vez que a capacidade produtiva fundamental se construíu e tendeu ao exceso, polo que que a economía se orientou cada vez máis cara á reprodución simple. Véxase John Bellamy Foster, “The Age of Planetary Crisis”, Review of Radical Political Economics 29, núm. 4 (outono de 1997): 116–20.

(11) Paul A. Baran e Paul M. Sweezy, Monopoly Capital (Nova York: Monthly Review Press, 1961), 108.

(12) John Bellamy Foster e Fred Magdoff, The Great Financial Crisis (Nova York: Monthly Review Press, 2009), 63–76.

(13) Calculado a partir de FRED da Reserva Federal de St. Louis, “Real Gross Domestic Product Billions of Chained 2012 Dollars Quarterly Seasonally Adjusted Annual Rate” (serie de datos GDPC1).

(14) Harry Magdoff e Paul M. Sweezy, Stagnation and the Financial Explosion (Nova York: Monthly Review Press, 1986); Harry Magdoff e Paul M. Sweezy, The Irreversible Crisis (Nova York: Monthly Review Press, 1987); Foster e McChesney, The Endless Crisis.

(15) John Bellamy Foster, “Absolute Capitalism , Monthly Review 71, nº. 1 (maio de 2019): 8.

(16) Allison Herren Lee, "Going Dark: The Growth of Private Markets and the Impact on Investors and the Economy", Comentarios en SEC Speaks in 2021, 12 de outubro de 2021, sec.gov.

(17) Andrea Murphy, “America’s Largest Private Companies 2002”, Forbes, 1 de decembro de 2002.

(18) Lee, " Going Dark ".

(19) John Bellamy Foster, Hannah Holleman e Robert W. Chesney, "The U.S. Imperial Triangle and Military Spending", Monthly Review 60, nº. 5 (outubro de 2008): 1–19.

(20) Ashik Siddique, “U.S. Still Spends More on Military than Next Nine Countries Combined”, National Priorities Project, 22 de xuño de 2022, nationalpriorties.org.

(21) Foster e Magdoff, The Great Financial Crisis, 63–76. Nunha soa semana de marzo de 2023, mentres escribimos isto, a Reserva Federal rescatou bancos en quebra, oligarcas de Silicon Valley e empresas de capital de risco por unha suma de 300.000 millóns de dólares. Véxase Ben Norton, “US Government Bailout of Silicon Valley Banks is $300 Billion Gift to Rich Oligarchs”, Geopolitic Economy, 19 de marzo de 2023, geopoliticaleconomy.com.

(22) Lina Khan e Sandeep Vaheesan, " Market Power and Inequality: The Antitrust Counterrevolution and Its Discontents ", 11 Harvard Law and Policy Review (2017): 235–294.

(23) John Bellamy Foster, Robert W. McChesney e R. Jamil Jonna, “Monopoly and Competition in Twenty-First Century Capitalism”, Monthly Review 62, nº. 11 (abril de 2011): 6–7.

(24) Foster, “Absolute Capitalism”, 1–13.

(25) Ben Stein, “In Class Warfare, Guess Which Class Is Winning”, New York Times, 26 de novembro de 2006.

(26) Fred Magdoff e John Bellamy Foster, “The Plight of the U.S. Working Clas”, Monthly Review 65, nº. 8 (xaneiro de 2014): 1–22.

(27) “Unchecked Corporate Pricing Power Is a Factor in US Inflation”, Financial Times, 18 de marzo de 2023.

(28) Calculado a partir de “Annual Work Stoppages Involving 1000 or More Workers 1947–Present” from the Bureau of Economic Analysis.

(29) Steven Greenhouse, "Old-School Union Busting’: How US Corporations Are Quashing the New Wave of Organizing", Guardian, 26 de febreiro de 2023.

(30) Celine McNicholas, Marc Edayadi, Daniel Perez, Margaret Poydock e Ben Zipperer, “Employers Are Charged with Violating Federal Law in Nearly 40% of Union Elections”, Working Economics (blog), Economic Policy Institute, publicado o 3 de febreiro de 2023, epi.org.

(31) Michael Sainato, “We Will Figure out How to Fire You’: How Corporate America Is Hitting Back against Unions”, Guardian, 31 de xaneiro de 2023.

(32) Ben Casselman e Conor Dougherty, “Want a House Like This? Prepare for a Bidding War With Investors”, New York Times, 20 de xuño de 2019.

(33) Lauren Cohen, Umit Gurun e N. Bugra Ozel, “Too Many Managers: The Strategic Use of Titles to Avoid Overtime Payments”, NBER Working Paper nº. 30826, nber.org.

(34) Hannah Dreier, “Alone and Exploited, Migrant Children Work Brutal Jobs Across the U.S.”, New York Times, 25 de febreiro de 2023, actualizado o 28 de febreiro de 2023.

(35) Noam Scheiber, “U.S. Moves to Bar Noncompete Agreements in Labor Contracts”, New York Times, 6 de xaneiro de 2023.

(36) Zachary Mider, "Giving Four Months’ Notice or Paying to Quit Has These Workers Feeling Trapped", Bloomberg Businessweek, 30 de xaneiro de 2023.

(37) “Wage Theft”, Oficina do Fiscal Xeral de Minnesota, acceso o 23 de xaneiro de 2023, state.mn.us.

(38) Lisa Rowan e Korrena Bailie, “How To Spot Wage Theft And What To Do If It Happens To You”, Forbes Advisor, 2 de febreiro de 2022.

(39) Josh Funk, “US Rail Industry Defends Safety Record amid Staffing Cuts”, AP News, 16 de maio de 2021.

(40) Michael Sainato, “Railroad workers pressure Congress and Biden to address working conditions”, Guardian, 16 de decembro de 2022.

(41) Michael Sainato, “Ohio Train Derailment Reveals Need for Urgent Reform, Workers Say”, Guardian, 23 de febreiro de 2023. Véxase tamén Michael Sainato, “US Rail Workers Told to Skip Inspections as Questions Mount over Ohio Crash”, 2023.

(42) Intan Suwandi, R. Jamil Jonna e John Bellamy Foster, “Global Commodity Chains and the New Imperialism”, Monthly Review 70, nº. 10 (marzo de 2019): 1–24. Véxase tamén Intan Suwandi, Value Chains (Nova York: Monthly Review Press, 2019).

(43) Anne Case e Angus Deaton, Deaths of Despair and the Future of Capitalism (Princeton: Princeton University Press, 2021).

(44) Matthew Desmond, “Why Poverty Persists in America”, sección da revista New York Times, 12 de marzo de 2023).

(45) Editorial Board, “A Better Form of Capitalism Is Possible”, Financial Times, 30 de decembro de 2020.

(46) A compensación (ou salario) media será máis alta que os valores medianos cando hai algúns ingresos altos nun grupo de ingresos baixos na súa maioría.

(47) Kevin Kelleher, “U.S. Corporations Are Hoarding More and More Cash Overseas”, Fortune, 3 de agosto de 2022. Para obter unha explicación polo miúdo das condicións que levan ao acaparamiento de efectivo corporativo, consulte John Bellamy Foster, R. Jamil Jonna e Brett Clark, “The Contagion of Capital”, Monthly Review 72, nº. 8 (febreiro de 2021): 1–19.

(48) Hannah Miao, “Corporate Stock Buybacks Help Keep Market Afloat”, Wall Street Journal, 27 de febreiro de 2023.

(49) Oren Cass, “The 2023 Cost-of-Thriving Index: Tracking the Catastrophic Erosion of Middle-Class Life in America ”, consultado o 15 de febreiro de 2023, americancompass.org.

(50) Alexandre Tanzi, ” Even on $100,000-Plus, More Americans Are Living Paycheck to Paycheck”, Bloomberg News, 30 de xaneiro de 2023.

(51) Calculado a partir do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, "Federal Revenue Trends Over Time, Fiscal Years 2015–2022, Inflation Adjusted—2022 Dollars", gráfico, actualizado o 30 de setembro de 2022, fiscaldata.treasury.gov.

(52) Osnos, "The Getty Family’s Trust Issues".

(53) Natasha Sarin, “The Case for a Robust Attack on the Tax Gap”, Departamento do Tesouro dos EUA, 7 de setembro de 2021, consultado o 21 de marzo de 2023, home.treasury.gov.

(54) Drew Desilver, “For Most U.S. Workers, Real Wages Have Barely Budged in Decades”, Pew Research Center, 7 de agosto de 2018, pewresearch.org

(55) Carter C. Price e Kathryn A. Edwards, “Trends in Income from 1975 to 2018”, documento de traballo de RAND Corporation WR-A156-1, Santa Mónica, 2020, 12 (fig. 2), 40.

(56) Emmanuel Saez e Gabriel Zucman, "The Rise of Income and Wealth Inequality in America: Evidence from Distributional Macroeconomic Accounts", Journal of Economic Perspectives 34, nº. 4 (outono de 2020): 3–26.

(57) Saez e Zucman, “The Rise of Income and Wealth Inequality in America”; Emmanuel Saez e Gabriel Zucman, Triumph of Injustice: How the Rich Dodge Taxes and How to Make Them Pay (Nova York: WW Norton, 2019), apéndice TC8.

(58) Suwandi, Value Chains; John Smith, Imperialism in the Twenty-First Century (Monthly Review Press, 2016).

(59) A pandemia da COVID-19 desencadeou unha inflación dos vendedores nos Estados Unidos e outros países nos que as empresas monopólicas, que inicialmente subiron os prezos en relación coa ruptura da cadea de abastecemento, continuaron aumentando as súas marxes e prezos, respectivamente, xerando marxes de beneficio nunca vistos. Véxase Isabella M. Weber e Evan Wasner, “Sellers’ Inflation, Profits, and Conflict: Why Can Large Firms Hike Prices in an Emergency?”, Political Economy Research Institute, Working Paper Series, no. 571, University of Massachusetts Amherst, febreiro de 2023, peri.umass.edu; “Unchecked Corporate Pricing Power Is a Factor in US Inflation.”

(60) Bernie Sanders, It’s OK to Be Angry About Capitalism (Nova York: Crown, 2023).

_____________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Monthly Review, do 1 de maio de 2023]

Volver