A Xunta incumpre a normativa de prevención de riscos para o persoal da consellaría do Mar na Lonxa de Cariño

O persoal funcionario carece de calquera tipo de aseo sanitario nas súas instalacións de traballo

Ferrol -

As instalacións da Lonxa de Cariño están a sufrir un alarmante deterioro xeral, con pingueiras e fallos estruturais que motivaron que a entidade Portos de Galiza pechara as súas instalacións e trasladase ao seu persoal deixando ao da Xunta sen aseo e nunhas condicións sanitarias inadecuadas, inseguras e que incumpren a normativa básica. O abandono de Portos de Galicia supuxo que se lles pechara o acceso ao único aseo sanitario en condicións aos funcionarios da Consellería de Pesca.

A CIG denuncia esta grave incumprimento do RD 486/1997 de 14 de abril en materia de disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo diante da Xefatura Territorial da provincia da Coruña e diante da Subsecretaria de Pesca.

Asegura que desde marzo de 2023 todo foron palabras sen feitos. “Dixéronlles que tiñan que pedir autorización ao ente de Portos para usar as súas instalacións, que tiñan que mandar persoal técnico para avaliar as obras, que se facer un presuposto, que se era máis caro, que porían un aseo de obra”.

Desde a central sindical explican que diante de “tamaño desinterese” por solucionar esta carencia ao persoal “non nos quedou máis remedio que denunciar diante da Inspección de Traballo que a Administración Pública Galega pretende manter ao seu persoal nunha situación de indignidade, máis propia da era preindustrial”.

Segundo explican, a inspección constatou a falta de calquera tipo de aseos e levará a cabo as actuacións pertinentes pero desde a CIG pregúntense “se a saúde, a dignidade do seu persoal non pesa para a Consellería do Mar, ou como non serán sancionados como o sería calquera empresa privada non lles importa, ou como son só 3 traballadores non teñen a mesma dignidade. Ou é que neste momento están todos moi ocupados en atender outras tarefas porque tampouco a Delegada Territorial da Xunta en Galicia se reuniu coa CIG para tratar este tema e outros asuntos de vital importancia para o persoal da Xunta de Galicia na comarca de Ferrolterra malia terllo solicitado por escrito”.

Volver