
Folga indefinida no Servizo de Axuda no Fogar de Forcarei ante o ERE extintivo para todo o persoal
A actitude do Goberno local, que se nega a negociar, ameaza a continuidade do servizo

Condenan o CC Carrefour de Lugo por atentar contra o dereito á conciliación laboral e familiar dunha traballadora
A empresa reducirlle de maneira unilateral a xornada, tras negarse a empregada a un cambio de horario

O persoal de limpeza do Hospital Clínico maniféstase contra a precariedade e a sobrecarga de traballo
Denuncia a sinatura de máis de 1.400 contratos en 2018 e posíbel fraude na contratación

Desconvocada a folga no almacén de Froiz en Poio ao lograr melloras nos descansos semanais
A asemblea de traballadores/as ratificou o preacordo entre o comité de empresa e a dirección

Esixen ao Concello de Miño que actúe ante os reiterados incumprimentos da empresa de axuda a domicilio
A central pide tamén que se tramite de inmediato o novo concurso

Camareiras de piso mobilízanse diante do Hotel Xelmírez en demanda de condicións laborais dignas
A concentración insírese na campaña da CIG-Servizos de Compostela contra a explotación laboral

Folga indefinida no almacén de Froiz en Pontevedra contra a modificación das condicións de traballo
A CIG e UGT opóñense aos cambios horarios que impedirían a conciliación laboral e familiar

A CIG-Servizos alerta da perda dun cento de empregos no sector da seguridade privada en Galiza
Reclama que o colectivo siga a encargarse da vixilancia no exterior dos centros penitenciarios

Grupo Norte rexistrou en 2018 máis de 1.400 contratos para o servizo de limpeza do Hospital Clínico
O persoal denuncia a precariedade e a sobrecarga de traballo no SERGAS

O comité da Planta de Lousame advirte que a negociación do convenio pode rematar en folga de recollida de lixo
O persoal cobra un 15% menos que en Albada e un 42% menos que en Sogama
O persoal de limpeza dos colexios vigueses protesta no Concello para reclamar a implicación do Goberno local
Esíxenlle a Mantelnor, concesionaria do servizo, a readmisión dun compañeiro despedido

A CIG gaña as eleccións na empresa Zara España S.A. da provincia da Coruña
Pasa a ser a primeira forza tanto en Zara como en Lefties

O persoal da residencia Castro Ribeiras de Lea mobilízase pola imposición do calendario laboral
O centro está xestionado pola empresa DomusVi
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.