A CIG renova a súa maioría absoluta, con maior porcentaxe de voto, en Pizzerias Cambalache

Obtivo 5 dos 9 membros do comité, con 60 votos, fronte a CCOO que obtivo 3, con 35 votos

A Coruña -

A CIG parabenízase de ter aumentado a porcentaxe de votos, que se hai 5 anos era menor ao 50% do censo, desta volta foi do 54% de apoio entre o total de eleitores, e de 60,60% sobre o total de votantes. Uns resultados que lle permiten manter 5 dos 9 membros do comité, malia as eleccións sindicais celebrarse nunhas circunstancias máis difíciles que hai 5 anos.

Este ano, a empresa dividiu o censo en dous colexios por vez primeira, dificultando a obtención da maioria por parte da central nacionalista, ao carecer esta de candidatura no colexio de técnicos e administrativos. Neste colégio, com apenas 9 votos, CCOO obtivo o único representante.

No colexio de especialistas, sobre un censo de 111 persoas, tremendamente minorado com respecto ao de hai 5 anos pola política de deflación interna practicada pola empresa, a CIG obtivo 5 dos 8 representantes en liza. Os outros 3 forom para a outra candidatura, a de CCOO.

 

RESULTADO COLEXIO TÉCNICOS

 

VOTOS

REPRESENTANTES

CCOO

4

1

USO

3

0

 

 

RESULTADOS COLEXIO DE ESPECIALISTAS

 

VOTOS

REPRESENTANTES

CIG

60

5

CCOO

35

3

 

 

Se no ano 2017 a CIG apenas tivo que superar en votos nun colexio único a USO para facerse con 5 representantes, nesta ocasión o desafío interposto pola tripla entente empresa, CCOO e USO, facía máis complexo manter os 5, pero aínda así logrouse.

Cunha participación do 90%, a maior empresa de hostalaría de capital galego do sector de restaurantes, que repite todos os anos como a de maior facturación a nivel nacional no seu ámbito, os traballadores e traballadoras apoiaron con máis forza a aposta de loita sindical constante e tenaz que se desenvolveu durante un lustro, e que ten visos de continuar.

PIZZERIAS CAMBALACHE SL continuará sendo durante anos o espazo central da intervención diaria no mundo do sector de restaurantes da provincia da Coruña. Un exemplo de que os traballadores e traballadoras, sen tutelas, e con traballo de clase, non só manteñen, senón que mesmo aumentan a súa confianza no noso proxecto sindical.

Volver