
Nova mobilización en Mercadona contra a explotación e os abusos laborais
Traballadoras/es e delegadas/os da CIG-Servizos desenvolveron unha concentración diante do supermercado do mercado das Travesas en Vigo

A CIG-Servizos exíxelle ao Concello da Coruña que aclare que vai pasar co persoal do IMCE adscrito a Ilunion

Unha empresa ‘pirata’ opta á licitación do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas
O prezo estipulado nos pregos do concurso é insuficiente para garantir unhas condicións dignas para persoas traballadoras e usuarias

O persoal de limpeza do CHUF protesta contra a explotación laboral e reclámalle a Serveo máis contratacións
Denuncia os recortes no contrato "co único obxectivo de abaratar o servizo e protexer os beneficios da empresa"

A CIG denuncia a inacción de Política Social na salvagarda da saúde das traballadoras do SAF
En Valdoviño hai un caso grave de agresión a traballadoras pero a consellaría non está a exercer o seu labor inspector
Carril achega o total apoio e solidariedade da CIG á folga das traballadoras e traballadores da CRTVG
Hoxe protagonizaban a quinta xornada de paros intermitentes dunha folga que xa é indefinida

O persoal de Clece na empresa GKN rebélase contra a precarización das condicións laborais
A compañía que se encarga da limpeza na firma da automoción viguesa recortou o tempo efectivo de traballo e está a despedir empregados/as

Chamada de socorro á cidadanía para o rescate dos medios públicos na cuarta xornada de folga da CRTVG
A folga pasa a ser, desde hoxe, indefinida diante da nula vontade de diálogo da dirección

A CIG convocará folga no SAF de Arteixo de continuar as graves deficiencias do servizo
O paro, de carácter indefinido, iniciarase o 28 de outubro

Nova concentración da CIG para esixir a mellora das condicións do persoal das residencias da terceira idade privadas
A central leva tempo reclamando a equiparación salarial e social coas persoas traballadoras dos centros públicos

O persoal de conserxería dos polideportivos municipais da Coruña reclama o pago do plus recollido no convenio
O domingo 29 de setembro iniciarán mobilizacións e non descartan a convocatoria de folga
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.