Convocan cinco xornadas de folga en defensa do emprego no Hotel Balneario da Toxa

O Grove -
Terán lugar os vindeiros días 6, 7, 8, 10 e 12 para reclamar a retirada do ERE

Centos de persoas reclaman nas rúas de Compostela uns medios públicos e plurais ao servizo das galegas e galegos

Nacional -

O persoal da CRTVG leva 25 xornadas de folga, máis de oito semanas facendo paros intermitentes para chamar a atención sobre a externalización dun programa  dos servizos informativos, A Revista, que estivo na grella da TVG case 30 anos e que, o pasado 16 de setembro a dirección da CRTVG decidiu finiquitar e poñer en mans de produtoras privadas. Por iso saíron esta mañá en manifestación, para denunciar o desmantelamento do servizos público, mais tamén a manipulación informativa, e reclamar uns medios públicos e plurais ao servizo das galegas e galegos.

Tiago Alvite: “A marxinación laboral que sofre moito persoal na CRTVG é consecuencia das prácticas de manipulación informativa”

Nacional -
Fai un chamamento á manifestación que terá lugar este sábado día 30, ás 12:00 horas, en Compostela sob o lema “Por unha CRTVG pública e plural”

A CIG consolídase como primeira forza nas residencias privadas de Ferrolterra

Ferrol -
Nas eleccións celebradas até agora, a central obtivo 37 representantes, mentres que UGT sacou 6 e CCOO 1

As traballadoras das residencias privadas de maiores claman por un convenio que garanta unhas condicións dignas

Nacional -
Son esenciais, pero iso non se recoñece nin en materia económica, nin de xornada, nin nas condicións laborais

A dirección do Hotel Balneario da Toxa dá por rematado o período de consultas do ERE e mantén os despidos

O Grove -
O cadro de persoal volveu mobilizarse diante do establecemento en defensa dos seus postos de traballo

A sección sindical da CIG lanza unha campaña contra a precariedade en FROIZ na provincia da Coruña

Nacional -
Convoca unha concentración para o 13 de decembro, ás 12:00 horas, na Praza do Toural

O persoal do Hotel Balneario da Toxa protesta contra o ERE e as chantaxes da empresa

O Grove -
Persoas traballadoras e clientes desenvolveron hoxe unha concentración diante do establecemento, que repetirán este sábado 23 e o martes 26

Xornada de mobilizacións na limpeza do CHUF contra a sobrecarga de traballo

Ferrol -
O persoal concentrouse primeiro no Hospital Naval e despois no Arquitecto Marcide

Persoal das residencias continúa en Ferrol coas protestas para exixir un convenio digno con salarios xustos

Ferrol -
Denuncian que a proposta patronal nin mellora as condicións económicas nin ten avances sociais suficientes

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.