A CIG reclama a "reformulación radical" do servizo de extinción de lumes forestais e a recuperación do medio rural para evitalos
Alerta da “máis que evidente desorganización actual do dispositivo” e denuncia a “estratexia de confusión” da Xunta do PP para eludir responsabilidades
Redúcese o persoal sanitario e o horario de atención no aeroporto de Santiago
A CIG-AENA reclama a cobertura total do servizo sanitario en Lavacolla
A CIG de Cee reivindica o dereito das traballadoras/es do comercio a descansar os domingos e festivos
A central rexeita a intención das grandes superficies de abrir as súas portas o 14 de agosto
“En Eroski-Familia, os salarios están na sección de conxelados”
A sección sindical da CIG denuncia que o persoal do grupo ten as peores retribucións do sector e demanda a volta ao convenio provincial
CLECE subcontrata a INTEGRA -centro especial de emprego do grupo- para traballos ordinarios no Clínico
A Xerencia do CHUS, coñecedora desta actuación irregular, non ten adoptado ningunha medida
A Xunta terá que pagar preto dun millón de euros ao persoal de SEAGA por non lle manter o contrato todo o período de alto risco
Comités e CIG-Servizos concentráronse diante do Parlamento para demandar emprego digno
A CIG-Servizos denuncia que o cambio de concesión na cociña do Chuvi responde a intereses electoralistas do PP
A central sostén que os problemas coa comida son resultado da mala xestión e reclama un cambio no sistema de refrixeración
Seguen as mobilizacións do persoal de limpeza de Lugo en demanda dun convenio digno e con melloras salariais reais
Este venres concentráronse diante do Concello e foron en manifestación até os edificios de Correos, Facenda e a Deputación
A Policía pecha un edificio da Deputación de Ourense para evitar unha protesta do persoal da limpeza que esixe un convenio digno
O acceso ao centro cultural público, en cuxo interior se celebraba unha reunión de empresarios/as, estivo dúas horas bloqueado
A CIG-Servizos organiza unha marcha a pé en lembranza dos dous brigadistas mortos nun lume en Fornelos de Montes en 2010
A iniciativa en homenaxe de Rodrigo Amo e Julio Martínez terá lugar este sábado 18
A CIG augura problemas na limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo de Pontevedra tras a drástica redución do orzamento
Denuncia que o Sergas saca a concurso o servizo cunha rebaixa de case medio millón de €
A nova empresa adxudicataria da limpeza do CAPD de Sarria segue as mañas de Linorsa e aínda non pagou os salarios
Este atraso agrava a situación das traballadoras/es do servizo, que xa acumulaban varios meses se cobrar coa anterior empresa
Albada pide ano e medio de prisión e unha fianza de 400.000€ aos membros do Comité pola folga de 2013
A CIG denuncia este novo intento de criminalizar a resposta sindical e limitar o dereito á folga
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.