Suspendida a folga na planta de Nostián ao producírense avances significativos na negociación con Albada

A Coruña -

A asemblea de traballadores e traballadoras de Albada celebrada na noite deste domingo acordou suspender as tres xornadas de folga convocadas para esta semana santa, xa que na reunión celebrada coa empresa o sábado pola mañá producíronse avances significativos, na vía da recuperación plena dos dereitos salariais, laborais e sociais do convenio colectivo, que a empresa fixera decaer en 2017.

Fronte á actitude inmobilista da empresa até agora, na última xuntanza lográronse avances importantes en cuestións como a xornada (permisos, vacacións, etc) e as propostas económicas (como a creación dun novo plus de produtividade), quedando pendente Albada de dar resposta a outras cuestións formuladas polo comité.

A oferta da empresa foi valorada pola asemblea de traballadores/as que determinou, por unanimidade, a suspensión da folga á espera de que na xuntanza do día 13 de abril se produzan os avances necesarios para poder pechar esta negociación cun convenio colectivo digno.

Volver