Persoal de GFS Security Group continuará este venres coas protestas polo atraso reiterado no pago das nóminas

Nacional -

A CIG-Servizos ten convocada unha nova concentración para o vindeiro venres, día23, ás 11:00hs nas instalacións de GADISA (no Polígono de Piadela en Betanzos) en resposta á situación que está a vivir o persoal da empresa GFS Security Group, a cal, "tras unha interminábel vaga de agresións ás traballadoras e traballadores está a incorrer en atrasos inxustificados no pagamento das nóminas".

Logo das sancións inxustificadas contra o persoal e despedimento doutro compañeiro, delegado da CIG, "a última xogada pasa por non abonar os salarios conforme o estabelecido no convenio colectivo de seguridade privada, que di que o cobro dos recibos de nómina tense que dar durante os cinco primeiros días do mes, sendo que a día de hoxe, aínda cobrou a totalidade do persoal", denuncia Xabier Rodríguez, da CIG-Servizos de Ferrol.

Ante tal situación a CIG continuará programando as accións que sexan referendadas polo persoal tratando de visibilizar o conflito o máximo posíbel, "e intentando apartar do servizo e do sector tanto a persoas non desexábeis como o Jaime Villares (xerente de GFS) como a empresas de dubidosa solvencia que rematan por dar un servizo precario e unhas condicións de traballo lamentábeis".

Volver