Pensionistas da CIG convocan mobilizacións por unha atención adecuada á dependencia
Nacional -
O Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG convoca concentracións en Culleredo, Ourense, Ferrol, A Estrada, Ames, Redondela e Viveiro o vindeiro xoves, día 24 de abril, en demanda dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que garanta unha atención digna ás persoas en situación de dependencia.
A atención á dependencia é unha cuestión urxente en Galiza. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF), esencial para cubrir as necesidades das persoas dependentes, atópase desbordado pola falta de recursos e unha xestión insuficiente. Por iso o colectivo demanda:
- Xestión pública directa do SAF por parte da Xunta de Galiza, eliminando a privatización que precariza o servizo.
- Incremento de persoal para atender a crecente demanda, garantindo unha cobertura adecuada.
- Mellora das condicións laborais e salariais das traballadoras do SAF, recoñecendo o seu labor esencial.
Mobilizacións
As concentracións realizaranse simultaneamente en varios concellos, co seguinte horario:
- Culleredo: Concello de Culleredo, 11:00 h
- Ourense: Concello de Ourense, 11:30 h
- Ferrol: Concello de Ferrol, 12:00 h
- A Estrada: Concello da Estrada, 11:30 h
- Ames: Concello de Ames, 11:00 h
- Redondela: Concello de Redondela, 11:00 h
- Viveiro: Concello de Viveiro, 11:30 h
Novas relacionadas
