O TSXG dálle a razón a CIG-Saúde e anula a mobilidade interna voluntaria de persoal non sanitario de 2019

Nacional -

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061convocou en 2019 un procedemento de mobilidade voluntaria de persoal non sanitario fixo na que excluía 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa: a da secretaría de Xerencia e a da secretaría de Dirección de Xestión e Servizos Xerais. A CIG-Saúde presentou recurso de alzada contra esta convocatoria ao considerar que non se podían excluír as prazas xa que eran de carácter básico.

Ante o silencio da administración a CIG-saúde interpuxo demanda diante do Xulgado do Contencioso administrativo nº 1 de Santiago que ditou sentenza a  favor da administración, validando os argumentos desta sobre a falta de representatividade do Delegado Sindical da CIG-Saúde para presentar a reclamación, sen entrar no fondo da demanda. 

A CIG-Saúde co fin de defender os seus interese e o do conxunto dos traballadores presentou recurso de apelación diante do TSXG. 

O TSXG en sentenza do 17 de abril do 2024 ven de dar a razón a CIG-Saúde tanto na forma como no fondo do asunto.  Así declara que o delegado sindical da CIG-saúde estaba lexitimado para presentar o recurso contra o proceso e entrando no asunto indica que a dirección do 061 non podía excluír as 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa  de carácter básico do proceso. 

Sobre o argumento da dirección do 061  en relación a que as prazas excluídas poderían ser obxecto  dunha convocatoria para su  provisión, a través del sistema de libre designación de forma  similar a como se veñen cubrindo as secretarias de  Dirección en el SERGAS, o TSXG sinala que esa conversión de prazas básica a prazas de libre designación non se tiña, nin ten feito a dia de hoxe.

Finalmente, a sentenza do TSXG  ordena a retrotracción del procedemento de mobilidade interna  voluntaria, para incluír todos los postos vacantes.

Volver