A dirección do Hotel Balneario da Toxa dá por rematado o período de consultas do ERE e mantén os despidos
O cadro de persoal volveu mobilizarse diante do establecemento en defensa dos seus postos de traballo
O Grove -
A dirección do Hotel Balneario da Toxa deu por rematado onte pola noite o período de consultas do ERE extintivo para todo o cadro de persoal, levantando unha acta sen acordo coas persoas traballadoras.
O comité de empresa insistiu na retirada do ERE e propuxo que se garanta o traballo en contratación fixa-descontinua para todo o persoal durante dous anos, período tras o que se retomaría a situación actual, complementando os períodos de non actividade para evitar a perda de poder adquisitivo. Tamén respectaría a aquelas empregadas/os que pola súa vontade quixeran rescindir o contrato de traballo, nunca de xeito obrigatorio.
A dirección, pola súa parte, mantivo a postura inicial de levar a cabo os despidos. Precisamente para reclamar a retirada do ERE o mantemento dos postos de traballo o cadro de persoal volveu mobilizarse diante do establecemento, desenvolvendo concentracións o sábado pasado e hoxe mesmo, de 11:00 a 12:00 horas.
Novas relacionadas