A CIG participa, como delegación convidada, no XV Congreso da CGTP-IN

Celebrouse baixo o lema “Garantir Direitos. Combater a exploração”

Internacional -

A CIG participou como delegación convidada no XV Congreso da CGTP-IN, que se celebrou os días 23 e 24 de febreiro, no Seixal, sob o lema “Garantir Direitos. Combater a exploração. Afirmar Abril por um Portugal com futuro”, en conmemoración do 50 aniversario da “Revolução dos Cravos”, que tivo lugar o 25 de abril do ano 1974 e para reafirmar o espírito daquel momento, que pervive no sindicato.

No Congreso elixíronse os membros do Consello Nacional para o próximo mandato de catro anos da intersindical e foi votado e aprobado, polos preto de 730 delegados e delegadas asistentes ao Congreso, o programa de acción sindical.

Ademais da renovación de cadros, elixíronse 39 dirixentes do Consello Nacional e o novo secretario xeral, Tiago Oliveira, coordinador da  União de Sindicatos do Porto, que susbtitúe no no cargo a Isabel Camarinha.

En representación da central sindical asistiron o secretario xeral, Paulo Carril, e o responsábel de Internacional, Xosé Lois Rivera, que participaron xunto coas máis de 80 delegacións convidadas, tanto no Seminario Internacional, que se celebrou previo ao Congreso, como nas propias sesións congresuais.

Volver