A CIG mobilizarase na Cidade da Xustiza de Vigo para rexeitar o novo concurso de seguridade privada
Os pregos de condicións non contemplan unha dotación económica suficiente para cubrir os gastos do persoal que vai ser subrogado
Vigo -
A CIG-Servizos desenvolverá unha mobilización diante da Cidade da Xustiza de Vigo o vindeiro luns 18 de setembro de 10:30 a 12:00 horas para rexeitar o novo concurso de adxudicación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais de Galiza. Dende a central levan tempo denunciando que os pregos de condicións non contemplan unha dotación económica suficiente para cubrir os gastos salariais do persoal que vai ser subrogado e que o concurso non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións.
O responsábel nacional de seguridade privada da CIG, Pedro Pérez, lembra que o proceso estivo che deficiencias dende o principio, até o punto de que a Xunta tivo que desistir do anterior concurso tras as alegacións presentadas pola central sindical reclamando que se corrixisen as anomalías detectadas nos lotes 1 (edificios xudiciais da Coruña) e 12 (Cidade da Xustiza e rexistro civil de Vigo).
Mais os pregos de condicións deste último lote volveron contemplar unha partida económica insu-ficiente para afrontar os gastos do persoal que vai ser subrogado, xa que figuran 11 persoas traba-lladoras para cubrir 10 xornadas. Cando no concurso só se contemplan sete xornadas a contratar, coa correspondente partida económica para esta cantidade de persoal.
Por iso Pérez instara a Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes “a ter en conta a realidade da Cidade da Xustiza de Vigo, na que se fixo investimento millonario nun edificio con 19 andares, cun edificio anexo de catro andares e cun aparcadoiro de tres sotos, e se atendan as necesidades reais para a realización dun servizo de seguridade e vixilancia verdadeiramente efectivo”. Pero o depar-tamento autonómico seguiu adiante co concurso, que debe de estar a piques de se resolver, tendo en conta que a apertura de plicas tivo lugar o pasado xoves día 7.
De xeito que o servizo contemplará recortes nas quendas de tarde, de noite e de fin de semana a 24 horas, “xa que non se subsanaron as deficiencias para dar a cobertura adecuada e para unha efectiva prestación do servizo de seguridade e vixilancia para os bens e as persoas”.
Non figura o persoal con dereito a subrogación
Neste senso, considera que o convenio coas forzas e corpos de seguridade do Estado presentes no edificio non vai dar cobertura ás necesidades de vixilancia e seguridade necesarias para estas ins-talacións, non realizándose tampouco o control de persoas, paquetería e accesos, tanto a persoal como a persoas usuarias.
E lamenta que a modificación que se levou a cabo no concurso tan só supuxo engadir un lote 13, correspondente ao edificio xudicial de Lalín, que non figuraba no anterior, “mais non se deu respos-ta á problemática do lote 12”.
En canto ao lote 1, correspondente aos edificios xudiciais da Coruña, critica que seguisen sen figu-rar todas as persoas traballadoras que teñen dereito de subrogación e que contemple unha partida económica insuficiente para o custe do servizo.