O persoal de Valoriza no Salnés, cos soldos conxelados dende 2016, mobilízase por un convenio digno

O Salnés -
Concentrouse diante do Concello de Meis, e farao as vindeiras semanas no de Cambados e no de Vilanova

A CIG denuncia servizos mínimos abusivos e mal organizados na xornada de folga das traballadoras do SAF de Santiago

Compostela -
Coincidindo co paro concentráronse diante do concello e das dependencias de SERVISAR

A TVG prescinde da súa unidade de directos e mantén o servizo subcontratado con Overon por máis de 1 millón €

Nacional -
A CIG reclama a xestión directa do servizo, que permitiría aforrar ás arcas públicas uns 860.000€

A CIG-Ourense reclámalle á Fiscalía que retome a investigación da concesionaria da limpeza tras as detencións no STL da Coruña

Ourense -
A central presentara unha denuncia en 2020 polo “reparto mafioso” dos contratos e polo cobro de distintas cantidades por acceder a un posto de traballo no servizo

A representación da CIG no SAF de Redondela logra importantes melloras para o persoal

Redondela -
A Inspección requírelle á empresa que suba os salarios un 6,5% e que o cómputo do desprazamento entre domicilios como tempo de traballo se axuste á realidade

As traballadoras do SAF de Santiago irán á folga en demanda do cumprimento do convenio

Responsabilizan ao concello por non obrigar a empresa a garantir as condicións do servizo

A CIG-CRTVG rexeita as formas “autoritarias” da dirección para “manipular, negar dereitos e reprimir”

Nacional -
Acusa ao PP de nomeala a dedo para poñer o medio público ao seu servizo

A CIG-Servizos revalida a maioría absoluta no comité da limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Vigo -
A central fíxose con 5 dos 9 representantes nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.