Nova mobilización cotra os abusos laborais e o dereito a conciliar en Prosegur

A Coruña -

A sección sindical da CIG en Prosegur volveuse concentrar este sábado, 2 de novembro, diante do IKEA da Coruña na defensa do dereito dun vixilante de seguridade a conciliar a súa vida laboral e familiar. Denuncian que a empresa castigou o traballador cun traslado de centro que lle impide poder atender as súas fillas, logo de queixarse tanto a Prosegur como ao cliente (IKEA) pola mala praxe dun superior.

Volver