Desconvocada a folga en Portanova Park logo da empresa pagar parte da débeda salarial

Traballadores e Concello realizarán de reunións de seguimento de funcionamento do aparcadoiro

A Coruña -

A folga indefinida iniciada o pasado 18 de abril polos traballadores do aparcadoiro soterrado da Praza do Inferniño de Ferrol, fica desconvocada a partir deste venres, logo de que a empresa adxudicataria Portanova Park, abonara parte da débeda salarial.

Os catro traballadores e a central nacionalista queren agradecer o apoio por parte dos grupos da Corporación do Concello de Ferrol, así como a solidariedade amosada polos usuarios e usuarias do aparcadoiro durante estas xornadas de folga.

A CIG de Ferrol informa que se acordou tamén realizar reunións de seguimento do funcionamento do aparcadoiro, nas que participarán os traballadores e representantes do Concello.

Volver