A VII Asemblea da CIG-Servizos de Ferrol reelixe a Cristina Martínez Padín como secretaria comarcal

Durante o proceso tamén se renovou a Executiva e a Dirección Comarcal

Ferrol -

A VII Asemblea Comarcal da CIG-Servizos  de Ferrol,  celebrada o pasado domingo, reelixiu a Cristina Martínez Padín como secretaria comarcal. Durante a sesión, que tivo lugar no edificio sindical, tamén se renovou a Executiva Comarcal e escolléronse as e os representantes da federación nos Consellos Federal e Comarcal e a nova Dirección Comarcal.

O proceso desenvolveuse baixo o lema "Resistir, avanzar,vencer" e no mesmo reelixiuse a Cristina Martínez Padín como secretaria comarcal para os vindeiros catro anos. A súa candidatura foi a única presentada nesta VII Asemblea Comarcal da CIG-Servizos. No proceso tamén se escolleu á nova Executiva Comarcal.

Deste xeito, a Executiva Comarcal que conformada polas seguintes persoas.

1.-Cristina Martínez Padín
2.-Marta Cillero Bilbao
3.-Rocío Doce Teijeiro
4.-Daniel López Bogo
5.-Pilar Fernández Rodríguez
6.-Verónica Arnosi García
7.-Xoan Galdo Regueiro
8.-Carmen Brage Otero
9.-Patricia Ibargüen Alvarez

Pola súa banda, o Consello Federal que formado por:

1.-Cristina Martínez Padín
2.-Rocío Doce Teijeiro
3.-Marta Cillero Bilbao
4.-Xoan Galdo Regueiro

Volver